Mostrando 504 libros encontrados (26 páginas)
Libro encuadernado en tapa blanda · 96 páginas
PVP: 10,95 €
ISBN 978-84-9914-576-1
EAN 9788499145761
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Costas González, Xosé-Henrique
Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. Todo respondeu -continúa-, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol. Lonxe soa un estrondo de explosións pero eles déixanse quentar, non reaccionan. Cruzan anacos das súas voces interiores pero non dialogan. Móvense polo espazo na procura dos raios ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía. O Rei Nu atravesa Palestina e vaise afundindo na historia de humillacións dun pobo que está a ser exterminado. Marta e María non deixan de cavar. O Padre decreta o vómito sobre ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior.Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece.Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu.Maxinade que a imaxe do espello ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz. Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal: Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Dióxenes en Dolorida, novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra as peripecias dun personaxe singular --misóxino e excesivo-- que chega a unha cidade costeira, Dolorida, tras un fracaso amoroso; vai fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|