Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Teatro - Biblioteca Dramátic, Número 0
Fecha de edición noviembre 2013 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499145723
88 páginas
Libro
Dimensiones 130 mm x 210 mm
Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol. Lonxe soa un estrondo de explosións pero eles déixanse quentar, non reaccionan. Cruzan anacos das súas voces interiores pero non dialogan. Móvense polo espazo na procura dos raios fugaces pero non actúan. O mesmo sol que os acubilla vainos atrapando mentres as bombas soan cada vez máis cerca... Son oito personaxes baixo unha mesma presión social, baixo a mesma presión atmosférica. Isóbaras é un mapa de temperaturas do noso tempo.
|