Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, ademais de Mariña e o balón (2020), ten publicados estoutros libros para público infantil e xuvenil: Vouvos papar (2008), escrita en colaboración con Luz Méndez; A cripta do apóstolo (2010) e O códice do Santo Lugar (2013). Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con sete títulos.
Mostrando 4 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa dura · 112 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9121-209-6
EAN 9788491212096
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. " Misión Tokyo " leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. Misión Barcelona leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 344 páginas
PVP: 15,50 €
ISBN 978-84-9914-081-0
EAN 9788499140810
Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|