Beatriz Maceda Abeleira

Beatriz Maceda. Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba.
É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global.
Publica os primeiros relatos, Ela e Tuerka 27 , na revista Tempos Dixital . Logo virían o álbum ilustrado Man. O alemán de Camelle (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; O álbum de Garrincha (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica Lúa en Ningures , o seu primeiro libro na colección Merlín de Xerais. O seu último título en Xerais é As sentinelas do silencio (2022).


Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.