Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato A media muller co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: " Memorias dun río " (1988), Premio Barco de Vapor 1988; " Xiganano ¿onde estás? " (1990); " O conto dos sete medos " (1991), premio Barco de Vapor 1991; " O lapis de Rosalía " (1992) (Xerais, 2015); " A bruxa sen curuxa " (1993); " O merlo de ferro " (1995) (Xerais 2013); " Os gritos das illas Lobeiras " (1995), premio Barco de Vapor 1995; " Historias e algún percance todas ditas en romance " (1996); " Leonel " (Xerais 1996); Contos de vento e de nunca acabar (1999); Dominicus o dragón (2001); A merla de trapo (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; ¡Cázame ese pensamento! (2001); O coleccionista de sombras (2002), Onde o sol non adormece (Xerais 2003) e " Vaia tropa! " (Xerais 2011). Como investigador publicou " Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares " (Xerais 2001), " Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota " (Xerais 2010) e " Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza " (Xerais, 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra " Incrible invento de Solfis, a pianista " (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con " Xogando con gatos " (Xerais 2015) o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.
Mostrando 5 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa blanda · 64 páginas
PVP: 11,50 €
ISBN 978-84-9914-927-1
EAN 9788499149271
Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
En villalila de Arriba vive Dominico, un dragón que como todos los de su especie, se dedica a echar fuego por la boca. Aunque resulta un poco molesto para los vecinos, es cierto que atrae a muchos turistas. Pero un día, a Dominico se le apaga el fuego. ¿Qué puede hacer un dragón como él ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|