Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con Tráiler (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos Cemiterio de elefantes (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela Silencio (1995-Xerais, 2014), O brillo dos elefantes (Xerais, 1999), Males de cabeza (Xerais, 2001), Cartas de amor (Xerais, 2006), Ninguén (Xerais, 2011) e A punta de pistola (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías A vida secreta de María Mariño (Xerais, 2007), Folerpas de Novoneyra (Xerais, 2010) e A voz que vén da seitura (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros Territorio ocupado (Xerais, 1998), Un país a medio facer (Xerais, 2008) e Contesta ou disparo (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de Persianas, pedramol e outros nervios (1992), ao que seguiron Tortillas para os obreiros (1996), Cidades (Xerais, 1997), Subversións (Xerais, 2001), Balada solitaria (2004), O meu gato é un poeta (libro-CD, Xerais, 2011), Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais, 2016), Terraza (Xerais, 2017), e Transición (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía Poetízate (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados A casa da duna (Xerais, 2002) e A araña e mais eu (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Mostrando 13 libros encontrados (1 páginas)
1
Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas.Tamén poden facernos reaccionar.Os escritores e escritoras pelexan coas palabras, míranlles as patiñas nun microscopio e constrúen historias.Cunha linguaxe comprensible ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 64 páginas
PVP: 15,00 €
ISBN 978-84-8464-386-9
EAN 9788484643869
"A mí lo que me gusta son las ciudades.Las grandes y pequeñas ciudades.Las ciudades del alma, invisibles"Del bullicio humano y del ruido del tráfico, a la cara oculta-lenta y sosegada- de los rincones desconocidos; de su carácter dinámico y cosmopolita, a la polución que la envuelve;de la vecindad ocupada en ámbitos básicos como la salud,la ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da "street art".Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 80 páginas
PVP: 13,50 €
ISBN 978-84-9121-155-6
EAN 9788491211556
Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida -e o tempo-, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 72 páginas
PVP: 10,95 €
ISBN 978-84-9121-052-8
EAN 9788491210528
Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
'Cementerio de elefantes' es un viaje literario a las entrañas de ese enigma fascinante que es la noche. Los personajes de este libro habitan ese paisaje como si la noche fuese una estrella fugaz que busca desesperadamente su libertad. A su imagen, se exhiben, clandestinos, en esa oscuridad húmeda que es refugio de noctámbulos, travestis, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 72 páginas
PVP: 13,50 €
ISBN 978-84-9914-211-1
EAN 9788499142111
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 48 páginas
PVP: 13,00 €
ISBN 978-84-8464-518-4
EAN 9788484645184
Cherry eyes, peach skin, a strawberry nose... This is a mysterious journey for an explorer spider. A visual and poetic approach to the geography of the human body.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 128 páginas
PVP: 13,50 €
ISBN 978-84-9782-489-7
EAN 9788497824897
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|