Mostrando 504 libros encontrados (26 páginas)
Libro encuadernado en tapa blanda · 400 páginas
PVP: 22,50 €
ISBN 978-84-9914-700-0
EAN 9788499147000
O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 152 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9914-664-5
EAN 9788499146645
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
As cousas do mar non se contan na terra , dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa. O estraño caso será investigado polo escéptico comisario Salorio, que arrastra unha vida privada abondo complicada. Nunha cidade de forte carácter histórico e dirixida polas institucións que, no ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Mamá, volvo á casa.Xa. Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo.A moza non ten gana de máis.Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza.O roubo ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En A illa misteriosa Jules Verne aborda o tema da illa como espazo da aventura por excelencia, tan presente no seu universo literario, e afonda no diálogo que o ser humano illado mantén coa natureza. Durante a guerra civil americana, cinco homes conseguen fuxir do asedio de Richmond nun globo aerostático que acabará por se ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante. O autor do libro, o ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
x{0026}apos; x{0026}apos; Liña azul cumpre as esixencias da práctica narrativa e dun xeito destacado domina as técnicas da literatura contemporánea. Trátase dunha creación metaliteraria sobre o proceso de construción da propia novela, na que se mesturan os xéneros ata confundírense. O ensaio, a novela negra, de intriga e incluso humorística forman unha trama mesta na ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo - que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Pérez Pintos, Irene; Pérez Pintos, Rodrigo
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que de non ser galego, só sería crible como personaxe literario . Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei... / ...que nunca se enlean / as redes de Inés.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|