Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser , á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002); Resistencia (Xerais 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; O xardín da media lúa (2004); Veu visitarme o mar (Xerais 2004); Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; e Sibila (Xerais, 2021). En 2013 publica o primeiro título da triloxía Ámote Leo A. : Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), ao que seguiron Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas? (2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou Orestes perde o sentido! (2019) e, na colección Merlín, A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017), Xelís, o guieiro das botellas de mar , Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e Catro plumas de dinosauro (2022). Con Sibila (Xerais 2021), publicada na colección Narrativa, retoma a narrativa para publico adulto.
Mostrando 6 libros encontrados (1 páginas)
1
Mamá, volvo á casa.Xa. Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo.A moza non ten gana de máis.Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza.O roubo ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 512 páginas
PVP: 26,95 €
ISBN 978-84-9914-032-2
EAN 9788499140322
Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 328 páginas
PVP: 23,50 €
ISBN 978-84-9782-251-0
EAN 9788497822510
Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 304 páginas
PVP: 22,95 €
ISBN 978-84-8302-925-1
EAN 9788483029251
Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|