Ámote Leo A. Terminal de...chegadas?

Ámote Leo A. Terminal de...chegadas?

Aneiros, Rosa

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Milmanda, Número 0
Fecha de edición mayo 2014 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499146836
336 páginas
Libro Dimensiones 215 mm x 140 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  14,90 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Mamá, volvo á casa.
Xa. Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo.
A moza non ten gana de máis.
Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza.
O roubo e as cascudas de Barcelona.
A saia de tule de Praga.
O piso do Trastévere.
O Gran Canal de Venecia.
O incendio da Alhambra nos ollos.
O cheiro das xardas asadas de Eminonu.
A mirada triste de Zerdali na Capadocia.
As cobras da praza Djema-El-Fna.
E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A.
Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir.
Só devece por regresar á casa.
En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio.
Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido.
Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos...
Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de...
chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A.
Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras.
Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia.
Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?

Biografía del autor

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser , á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002); Resistencia (Xerais 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; O xardín da media lúa (2004); Veu visitarme o mar (Xerais 2004); Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; e Sibila (Xerais, 2021). En 2013 publica o primeiro título da triloxía Ámote Leo A. : Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), ao que seguiron Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas? (2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou Orestes perde o sentido! (2019) e, na colección Merlín, A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017), Xelís, o guieiro das botellas de mar , Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e Catro plumas de dinosauro (2022). Con Sibila (Xerais 2021), publicada na colección Narrativa, retoma a narrativa para publico adulto.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.