Xavier Queipo

Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (narrativa breve, 1990), Ringside (contos, 1993), O Paso do Noroeste (novela, 1996), Malaria sentimental (novela, 1999), Papaventos (novela, 2001), O ladrón de esperma (contos, 2001), Os ciclos do bambú (contos, 2003), Glosarios (poesía, 2004), O espello e o dragón (literatura infantil, 2005), Dragona (novela, 2007), Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007), Saladina (novela, 2007), Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009), A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009), Cartas marcadas (ensaio, 2010), Ártico 2.0 (narrativa breve, 2011), Extramunde (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos, 2014), Os Kowa (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), Minutos para medianoite (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), Corazón de Manteiga (novela, 2020) e Final feliz (relatos, 2022). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano.


Mostrando 3 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.