Ledicia Costas

Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de Un animal chamado néboa (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas Infamia (2019) e Golpes de luz (2021). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como O corazón de Xúpiter (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; Recinto Gris (Xerais 2014); Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou A balada dos unicornios (Xerais 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como Esmeraldina, a pequena defunta (Xerais 2016) ou A señorita Bubble (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego. Os seus últimos libros publicados son Conexión Macarrón (Xerais 2019), Vampira de biblioteca (Xerais 2020), A señorita Bubble baixo cero (Xerais 2020), así como os títulos da serie Os Minimortos: Benvidos ao Outro Barrio (Xerais 2020), Criando malvas (Xerais 2021), Escola de salvaxes (Xerais 2021) e O Día dos Vivos (Xerais 2021). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega.


Mostrando 25 libros encontrados (2 páginas)

Ordenar resultados por:

    1 2     siguiente



    1 2     siguiente


Pasajes Libros SL ha recibido del Ministerio de cultura y deporte subvenciones para la revalorización cultural y modernización de las librerías.
Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.