Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Poesía, Número 0
Fecha de edición octubre 2014 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499147604
64 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm
O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante consideraba a metade da vida en A Divina Comedia. Cunha forma setenaria, Atravesar o fantasma debrúzase sobre os dous temas centrais na vida de calquera ser humano: o eros e o tánatos, dos cales queremos falar e sobre os cales só podemos balbucir.
Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación.<br> No ámbito lingüístico destacan os seus títulos Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e O libro negro da lingua galega (Xerais, 2022). O seu último poemario é A abertura da boca (2021).<br> Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, Da sátira ao orgullo (2003) e os ensaios Amigos e sodomitas (2012) e Vidas e historias LGBT na Idade Media (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega (Xerais, 2025).<br> Promoveu roteiros, cursos e o documentario Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.
|