Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: "Fridon spik" (Xerais 1995, 2003), narracións breves; "Comendo espaguetis diante da televisión" (Xerais 1998), novela; "As horas sucias" (Xerais 2001), novela; "Breve crónica universal da clase obreira" (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, "Casa Skylab" (Premio Xerais 2003), novela, "Cabaret Voltaire" (Premio Manuel García Barros 2005), novela "O Globo de Shakespeare" (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e "Placebo" (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís "Todo a cen" (1995), "A rutina corsaria" (Xerais 1998), "Salitre" (Xerais 1999), "¡Balea morta ou lancha a pique!" (Xerais 2002), "A cova das vacas mortas" (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, "Plastilina nos pulmóns" (2007), "O contador de estrelas" (2009), "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (Xerais, 2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: "Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela" (Xerais 2010), "A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña", "Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo" (Xerais 2012), "O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo" (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
Mostrando 11 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa blanda · 144 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9121-186-0
EAN 9788491211860
Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados. O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento. Soamente Tintimán, un reporteiro de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 200 páginas
PVP: 16,95 €
ISBN 978-84-9121-094-8
EAN 9788491210948
Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Galicia debe lembrar quen é, confiar no pasado que lle describen. A súa muller, Beatriz, axúdalle a recompoñer ese tempo, aínda sendo difícil. Roi négase a esquecer o desagradable. Asume que o seu concesionario de coches está na ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nica é unha detectivesa que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 152 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9914-664-5
EAN 9788499146645
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 216 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-9782-915-1
EAN 9788497829151
Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 112 páginas
PVP: 9,00 €
ISBN 978-84-667-7663-9
EAN 9788466776639
A Eduardo le gusta recorrer en moto la playa de Llas hasta el bar de su padre. Una noche, en uno de esos paseos, advierte una figura negra que surge sobre las olas del mar. ¡Alguien está haciendo surf! Desde entonces, todas las noches, los jóvenes y los clientes de la taberna contemplan atónitos la ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Eduardo, antes de ir ó chiringuito que atendía o seu pai, gustaba percorrer na súa Rieju o quilómetro de area da praia de Llas. Asumira a obriga de botarlle unha man cando enviuvara hai seis anos. Os clientes da baiuca están preocupados pola aparición tódalas noites dos golfiños, que veñen atraídos por un surfista descoñecido. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|