Editorial Xerais De Galicia
Colección Crónica, Número 148
Fecha de edición abril 2016 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788491210016
408 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm
No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a doma e castración da nobreza , a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto atraso secular de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos -e mesmo inéditos- do noso pasado colectivo.
|