Carolina

Carolina

Fernández Canal, Alberto

Editorial Almuzara
Colección EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA, Número 0
Fecha de edición junio 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411101363
344 páginas
Libro Dimensiones 155 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen.
Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna.
Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte.
Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido.
Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX.
Carolina , a última novela de Alberto Canal, é unha historia de paixóns, vinganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man.

Biografía del autor

Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Despois dunha década dedicado ao xornalismo na prensa escrita, na actualidade traballa no eido da comunicación empresarial en Caldaria. Como escritor, afirma que envorca nas súas obras boa parte do que é como persoa, e parte da convicción de que as persoas nos imos configurando a partir dos libros que lemos. En 2008 publicou a súa primeira novela, Conexión Tubinga (Xerais), unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. En 2016 saíu O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais), sobre a maldade gratuíta do réxime nazi, e finalista tamén do Premio Xerais. En O trapecista da malla de rombos (Xerais, 2018) narra a súa experiencia no circo de Bemposta. A súa novela máis recente é Carolina (Xerais, 2022).



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.