Mostrando 504 libros encontrados (26 páginas)
Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa anda cerca das memorias , un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible... Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da ...
más informaciónNo disponible (descatalogado)
Os membros da Red Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título Premios literarios e de ilustración na LIX. Partindo dunha análise introdutoria sobre o fenómeno e a importancia actual dos premios literarios á luz das liñas teóricas de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas. Unhas doutro tempo, dun tempo que se nos foi, e outras arrincadas deste ir e vir dos nosos días, poñamos por caso a bomba atómica lanzada polo aviador Kirk, o ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de cometer un delito de rebelión militar . A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nesta novela mestúranse voces, xéneros e escenarios (Vigo, Madrid, Monforte, Porto ou San Francisco) até compoñer un fresco de trinta anos de historia, dende 1977, ano das primeiras eleccións democráticas, pintado coa pincelada subxectiva duns personaxes situados sempre entre o realismo atroz e a utopía paródica. Os xornalistas utópicos preséntanos as tripas dunha profesión desde ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
García Teijeiro, Antonio ; Sierra i Fabra, Jor
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro . García ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de... Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa avoa galega , que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|