Usted se encuentra en:
Inicio
/ Libros
/ LENGUAS EUROPEAS / Lenguas autonómicas / Galego / Literatura infantil en gallego /
Mi pedido
0 artículos
0,00 €
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 48 páginas
PVP: 16,00 €
ISBN 978-84-8464-852-9
EAN 9788484648529
"Nós forneamos para ti mentres ti durmes": Un recordo da niñez que, a través dun relato onírico, converteuse nun álbum de referencia en todo o mundo, superando mesmo a censura do puritanismo. 2014, o ano Sendak de Kalandraka.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 112 páginas
PVP: 11,95 €
ISBN 978-84-9914-618-8
EAN 9788499146188
Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre... María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 96 páginas
PVP: 10,95 €
ISBN 978-84-9914-576-1
EAN 9788499145761
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Amb aquesta guia única interactiva del cos humà, construiràs la maqueta d x{0026}#38;apos; un esquelet humà, situaràs els òrgans del cos i aprendràs dades fascinants sobre com funciona. Per què el cor batega 70 cops per minut? Com t x{0026}#38;apos; ajuden els múscols a córrer, saltar i mantenir-te dret? Què et protegeix contra els gèrmens ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Os membros da Red Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título Premios literarios e de ilustración na LIX. Partindo dunha análise introdutoria sobre o fenómeno e a importancia actual dos premios literarios á luz das liñas teóricas de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|