Anxo Fariña

Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como Graffiti e letras , Creando historias con Anxo Fariña e Ti creas a historia . Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros A chave da Atlántida (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie Os Megatoxos (que leva sete títulos publicados) e a serie Gliz para primeiros lectores (2017), así como as novelas Horizonte de sucesos (2016), 4 xinetes (2017) e Os ecos do lume (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/


Mostrando 15 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.