Su carro de la compra está vacío

Volver

Gallego Abad, Elena

Biografía del autor

Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais.
Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal , publicada por Xerais: Dragal I. A herdanza do dragón (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); Dragal II. A metamorfose do dragón (2011); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012); Dragal IV. A estirpe do dragón (2015) e Dragal V. O segredo do dragón (2019).
Autora das novelas policiais Sete Caveiras (Xerais, 2014) e Ata que a morte nos separe (Xerais, 2025), da romántica O Xogo de Babel (Xerais, 2017), e da histórica O legado da nena do sal (Xerais, 2024), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra A promesa (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa Imos Contar Mentiras , Pontevedra Ficción e Proxecto Legado (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023).
Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, participa en faladoiros e imparte conferencias.
Fotografía da autora: Lois G. D.

Compartir

Bibliografía de Gallego Abad, Elena

No tenemos ningún libro con esas condiciones.


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes