O país adormentado

O país adormentado

Docampo, Xabier P.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo, Número 0
Fecha de edición junio 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499141046
144 páginas
Libro Dimensiones 210 mm x 130 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.
No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.
As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.

Biografía del autor

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña 2018). Mestre e escritor, foi autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001) e A decisión de Valerio (Xerais, 2005) O misterio das badaladas (1986, Xerais 2011), novela; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1987), relatos; A chave das noces (1988, Xerais 2018), novela; O país adormentado (Xerais 1993, 2012), novela; Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002), novela; O home que inventou unha maneira de andar (1998), novela; Catro cartas (2000), relatos; Un conto de tres noites (Xerais 2001), relatos; A casa da luz (Xerais 2002), novela; O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; A illa de todas as illas (Xerais 2013), novela, e A nena do abrigo de astracán (Xerais, 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego, 2018.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.