Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña 2018). Mestre e escritor, foi autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001) e A decisión de Valerio (Xerais, 2005) O misterio das badaladas (1986, Xerais 2011), novela; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1987), relatos; A chave das noces (1988, Xerais 2018), novela; O país adormentado (Xerais 1993, 2012), novela; Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002), novela; O home que inventou unha maneira de andar (1998), novela; Catro cartas (2000), relatos; Un conto de tres noites (Xerais 2001), relatos; A casa da luz (Xerais 2002), novela; O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; A illa de todas as illas (Xerais 2013), novela, e A nena do abrigo de astracán (Xerais, 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego, 2018.
Mostrando 4 libros encontrados (1 páginas)
1
El pintor ciego es un diálogo literario y artístico entre Xabier DoCampo y Xosé Cobas, al que incorporan el lienzo La isla de los muertos , de Arnold Böcklin.Existen varias versiones de este cuadro que, con el tiempo, inspiró muchas otras creaciones pictóricas, musicales, escénicas, cinematográficas y narrativas.Este libro es la obra póstuma de DoCampo, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|