Usted se encuentra en:
Inicio
/ Libros
/ LENGUAS EUROPEAS / Lenguas autonómicas / Galego / Literatura en gallego /
Mi pedido
0 artículos
0,00 €
O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz. Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Dióxenes en Dolorida, novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra as peripecias dun personaxe singular --misóxino e excesivo-- que chega a unha cidade costeira, Dolorida, tras un fracaso amoroso; vai fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal: Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible... Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa anda cerca das memorias , un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de cometer un delito de rebelión militar . A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas. Unhas doutro tempo, dun tempo que se nos foi, e outras arrincadas deste ir e vir dos nosos días, poñamos por caso a bomba atómica lanzada polo aviador Kirk, o ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nesta novela mestúranse voces, xéneros e escenarios (Vigo, Madrid, Monforte, Porto ou San Francisco) até compoñer un fresco de trinta anos de historia, dende 1977, ano das primeiras eleccións democráticas, pintado coa pincelada subxectiva duns personaxes situados sempre entre o realismo atroz e a utopía paródica. Os xornalistas utópicos preséntanos as tripas dunha profesión desde ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Pratos das décadas dos anos sesenta, setenta e oitenta do século XX da cociña tradicional galega e española. Mais tamén da chamada cociña internacional, que Elvira González-Seco transformaba cun xeito novo, moi persoal. Sabores exquisitos para padais exquisitos.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa avoa galega , que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 276 páginas
PVP: 22,20 €
ISBN 978-84-9865-489-9
EAN 9788498654899
Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, o editor e escritor Francisco Fernández del Reigo, a carón da correspondencia que con el se conserva. Trátase dunha comunicación cruzada entre a cidade de Vigo, onde residía o editor, e Buenos Aires, A Habana e a ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres -se cadra non, seguro-, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|