A Galicia máxica de García Márquez

A Galicia máxica de García Márquez

Reigosa, Carlos G.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Xornalismo, Número 0
Fecha de edición mayo 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144825
96 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa avoa galega , que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad usando o mesmo método da miña avoa .
Pero, ¿quen era aquela misteriosa avoa galega ? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba -e reivindicaba- abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.
Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa avoa galega , seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes -persoais e literarias- e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.

Biografía del autor

Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; Matinacións zafanarias en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); A súpeta despedida de Ramón Beiro (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.