Inmateriais

Inmateriais

Toro, Suso de

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Xornalismo, Número 0
Fecha de edición mayo 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499145020
144 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento .
Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influíron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso país.
Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figuras, conforman este pequeno tesouro biográfico que o autor define como un acto de rebelión contra a historia que nos contaron, contra o que nos dixeron que eramos e tamén o que podiamos ser .

Biografía del autor

Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: " Caixón desastre " (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; " Polaroid " (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; " Land Rover " (1988), novela; " Ambulancia " (1990), novela; " Tic-Tac " (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; " A sombra cazadora " (1994), novela; " Conta saldada " (1996, 2017), novela; " Calzados Lola " (1997), novela, Premio Blanco Amor; " Círculo " (1998), relatos; " Non volvas " (2000), novela, Premio da Crítica Española; " Trece badaladas " (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; " Morgún (Lobo Máxico) " (2003), novela; " Home sen nome " (2006), novela; " Sete palabras " (2009), novela, " Somnámbulos " (2014), relatos e " Fóra de si " (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: " F.M. " (1991), " Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista " (1991), " O país da brétema " (2000, Xerais 2016), " A carreira do salmón " (2001), " Nunca máis Galiza á intemperie " (2002), " Españois todos " (2004), " Ten que doer " (2004), " Outra idea de España " (2005), " Outra Galiza " (2008), " Inmateriais. Vidas da nosa historia " (2013), " Humildar. Rituais despois de deus " (2017) e " Dentro da literatura " (2019). Publicou ademais a obra de teatro " Unha rosa é unha rosa " (1997) e " Servicio de urxencias " (2002), guións de televisión.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.