Manuel Darriba

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista e editor de revistas técnicas. Dende 2011 dedícase en exclusiva á escritura creativa. Autor dunha ducia de títulos, recibiu premios como o González Garcés de poesía ou o Lueiro Rey de novela curta. Escribe guións para programas e series de televisión ( " Land Róber Tunai Show " , " O Faro " , " Fontealba... " ). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil " Paf Xarope " , á que seguiron títulos como " Velada do billarista " (2001), " Accidental " (2003), " O bosque é grande e profundo " (Xerais, 2013), todos os tres publicados en castelán, e " Elefante " (Xerais, 2018). A súa incursión na narrativa infantil, " Brais e os demais " (2010), foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios " Calor " (1997), " Vostede non sabe con quen está a falar " (Premio Espiral Maior 2004) e " Os indios deixaron os verdes prados " (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política " AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda " (2013). Sobre " O bosque grande e profundo " (Xerais, 2013), a crítica dixo: Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos (Francisco Martínez Bouzas, blog " Novenoites " ); Brutal, terrible e inmisericorde ... , unha subxugante novela (Armando Requeixo, " Diario de Ferrol " ); Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea (Care Santos, " El Mundo " ); Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas ... necesarias neste tempo de literatura branda (Xosé Carlos Caneiro, " La Voz de Galicia " ); Unha lectura engaiolante e arriscada ... , unha obra de fondo alento (Ramón Rozas, " El Progreso " ).


Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.