Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Poesía, Número 0
Fecha de edición mayo 2013 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499145273
136 páginas
Libro
Dimensiones 145 mm x 225 mm
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor.
Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por Raíz da fenda (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía. Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; Carrusel (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; Illa Decepción (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; Os seres queridos (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023; e A ferida imaxinaria (Xerais, 2024). No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados A fuxida (2014) e O libro grande dos números pequenos (Xerais, 2023), do libro de poemas A pel do mundo (2017), das novelas infantís Demetrio Demoscopio perdeu a chispa (Xerais, 2022) e O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos) (Xerais, 2024) e da novela xuvenil Un elefante na sala de estar (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021. Fotografía da autora: Adela Dávila.
|
||||||