Usted se encuentra en:
Inicio
/ Libros
/ LENGUAS EUROPEAS / Lenguas autonómicas / Galego /
Mi pedido
0 artículos
0,00 €
anterior 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 siguiente
Mostrando 940 libros encontrados (47 páginas)
A vida na sabana resulta dura incluso para o rei dos animais. Por iso un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el, sen se preocupar pola repercusión que estas leis arbitrarias poidan ter para os outros animais. Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nica é unha detectivesa que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asuntos administrativos; Cora do traballo de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ramón Cabanillas, o poeta arelado , é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de Vento mareiro á dignificación de Galicia e á construción do galego ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A viaxe por Galicia constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias viaxeiras do seu autor pola España de 1837. Malia ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Mitos, valores e iconas que noutrora posuían un xorne idealista, utópico ou revolucionario, forman parte, hoxe, dos mecanismos de penetración cultural dos mercados, que asolagan o planeta con ofertas máxicas capaces de resolver as carencias e soidades da xente na sociedade global. Tras as grandes marcas comerciais están os grupos financeiros que, cada vez con ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A lúa de Xoán , publicada orixinalmente en 1982,é unha das obras máis importantes na traxectoriade Carme Solé, xa que marcou a súa proxección internacional.Traducido a varias linguas, este álbum trata sobre o temorá morte e a forma de afrontalo. A reflexión sobre temas profundos como a soidade, a tristura ou a perda dun ser ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Libro · 240 páginas
PVP: 10,95 €
ISBN 978-84-8349-408-0
EAN 9788483494080
Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando.O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura.Xenia pretende ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A figura paterna centra os relatos agrupados en Papá Oso volve á casa , que se enmarcan nun contexto doméstico, da vida cotiá e de familiaridade con outros habitantes do bosque. Osiño fainos partícipes dos seus soños e arelas: parecerse ao seu pai e imaxinarse pescando no mar coma él, aínda que teña que conformarse ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A visita de Osiño narra o día no que o pequeno protagonistadesta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidadedos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño,xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gertrud Grass fue una de las catadoras de la comida del Líder durante la Segunda Guerra Mundial.Setenta años más tarde, Sira Burg, una adolescente desbordante de energía, viaja a Berlín en busca de la nonagenaria Gertrud para darle un mensaje de su abuela.Sin proponérselo, la vida de Sira dará un salto mortal: romperá con su ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
anterior 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 siguiente
Mostrando 940 libros encontrados. (47 páginas).
|