Fina Casalderrey

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. É membro da Real Academia Galega. Para o público infantil publicou, entre outras: Dúas bágoas por Máquina (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; A noite dos coroides (1993), novela; Chamizo (Xerais 1994), novela; ¡Asústate, Merche! (Xerais 1994), novela; O misterio dos fillos de Lúa (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; O estanque dos parrulos pobres (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; Prohibido casar, papá! (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; ¡Puag, que noxo! (1997), conto; Podesvir (1997), conto; Unha raíña negra (1998), conto; Cuca e o abrigo marrón (1998), conto; Nolo e os ladróns de leña (1998), conto; Ás de mosca para Anxo (1998, Xerais 2002), novela; Pimpín e dona gata (1999), conto; O misterio do cemiterio vello (1999), novela; Unha pantasma branca (2001), conto; O avó é sabio (2002), conto; O avó sae de paseo (2002), conto; A avoa non quere comer (2002), conto; A avoa ten unha menciña (2002), conto; Derradeira carta ós Reis Magos (Xerais 2002), conto; Eu son eu (Xerais 2004), conto; ¿Quen me quere adoptar? (Xerais 2005), conto; O meu avó é unha gata (Xerais 2005); A lagoa das nenas mudas (Xerais 2007), novela; A Pomba e o Degolado (Xerais 2007), novela; ¿E ti que farías por min? (Xerais 2010), conto; Un saco de estrelas (Xerais 2010), conto; O misterio do Faro Vello (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; Historia da bicicleta dun home lagarto (Xerais 2014) e O xenio da Cidade do Sal (Xerais 2021). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco (Xerais 2018). En 2019 publica o álbum, ilustrado por Lucía Cobo, A furgoneta branca (Xerais 2019). A Muller Xabaril (Xerais 2023) é a súa primeira novela na colección Narrativa.


Mostrando 21 libros encontrados (2 páginas)

Ordenar resultados por:

    1 2     siguiente



    1 2     siguiente



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.