Xogando con gatos

Xogando con gatos

Cortizas, Antón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Teatro - Biblioteca Dramátic, Número 0
Fecha de edición julio 2015 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499148816
120 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural -aínda conservando este toda a xeografía do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo.
Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón de ser.

Biografía del autor

Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato A media muller co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: " Memorias dun río " (1988), Premio Barco de Vapor 1988; " Xiganano ¿onde estás? " (1990); " O conto dos sete medos " (1991), premio Barco de Vapor 1991; " O lapis de Rosalía " (1992) (Xerais, 2015); " A bruxa sen curuxa " (1993); " O merlo de ferro " (1995) (Xerais 2013); " Os gritos das illas Lobeiras " (1995), premio Barco de Vapor 1995; " Historias e algún percance todas ditas en romance " (1996); " Leonel " (Xerais 1996); Contos de vento e de nunca acabar (1999); Dominicus o dragón (2001); A merla de trapo (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; ¡Cázame ese pensamento! (2001); O coleccionista de sombras (2002), Onde o sol non adormece (Xerais 2003) e " Vaia tropa! " (Xerais 2011). Como investigador publicou " Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares " (Xerais 2001), " Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota " (Xerais 2010) e " Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza " (Xerais, 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra " Incrible invento de Solfis, a pianista " (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con " Xogando con gatos " (Xerais 2015) o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.