Mostrando 510 libros encontrados (26 páginas)
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das voces baixas para que non ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
x{0026} 38;quot; Tonas de laranxa x{0026} 38;quot; , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora . Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 160 páginas
PVP: 11,95 €
ISBN 978-84-9914-441-2
EAN 9788499144412
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente prodixiosa na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografía monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de Longa noite de pedra. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa -o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida. Á ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|