De Xente Nova a Brais Pinto

Memorias dun afiador rebelde

De Xente Nova a Brais Pinto

Fernández Ferreiro, Xosé

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Memorias, Número 0
Fecha de edición febrero 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499143477
176 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o efémero grupo literario Xente Nova, coa intención de buscar camiños novos para unha Galicia sen complexos, máis aberta ó mundo e dona de si , como di o autor. En 1957, en Madrid, coñece a Méndez Ferrín e con outros traballadores e estudantes galegos crean o grupo Brais Pinto. Estes dous acontecementos enfían a narración de experiencias vitais do autor de Agosto do 36, que se converten nunha historia persoal da Galicia política e cultural da posguerra.

Brais Pinto foi un intento de poñer ó día a cultura galega nunha dirección de vangarda. Unha conxunción de intelixencias e sensibilidades que aspiraban a unha renovación total de Galicia, política, literaria e artística. (X. L. Méndez Ferrín)

Biografía del autor

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.