
Usted se encuentra en:
Inicio
/ Libros
/ LENGUAS EUROPEAS / Lenguas autonómicas / Galego / Literatura en gallego /
Mi pedido
0 artículos
0,00 €
Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante. Neles hai tensión narrativa, paixón levada ós límites, humanas cobizas e fraxilidades, temple de heroe ás veces... Adivíñase ás claras o esforzo introspectivo do narrador, mentres vai burilando os personaxes e urdindo situacións, sen que a liberdade na inventiva estrague a coherencia ou ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que deita o sol da moenda. Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser. Pan de ánimas é o canto ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Sin ejemplares (se puede encargar)
Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. Por que determinadas impresións de natureza emocional, visual, olfactiva, táctil nos acompañan nesta viaxe de asombro e dúbidas que é ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 96 páginas
PVP: 17,50 €
ISBN 978-84-9914-187-9
EAN 9788499141879
Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 492 páginas
PVP: 30,00 €
ISBN 978-84-95364-16-6
EAN 9788495364166
A colección de contos populares galegos que recolle neste libro a profesora Noia ten interese tanto para o lector que gusta da tradición oral, como para o estudioso dos valores etnográficos ou para o filólogo que aprecia as variantes da nosa lingua.Son contos recollidos nos últimos anos do século XX, tal como están na memoria ...
más informaciónSin ejemplares (avisar cuando esté disponible)
Libro encuadernado en tapa blanda · 128 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-151-0
EAN 9788499141510
Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío á calor, da intemperie a un forno comunal ou a un furancho dos de loureiro á porta. Ten o peculiar roxarse interior da ánima, do que arde sen se ver. Luz de Tebra é ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Rábade Villar, María do Cebreiro
Libro encuadernado en tapa blanda · 192 páginas
PVP: 15,00 €
ISBN 978-84-9704-338-0
EAN 9788497043380
Objetos perdidos es una antología personal de María do Cebreiro, una de las voces más sugestivas de la poesía gallega actual. En orden inverso al de su publicación primera, la autora reúne poemas de los libros O estadio do espello (1998), (nós, as inadaptadas) (2002), Non queres que o poema te coñeza (2004), O barrio ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 48 páginas
PVP: 14,50 €
ISBN 978-84-9914-141-1
EAN 9788499141411
Flores de Dunsinane, Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009, é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare. O protagonista é o fillo dun dos compañeiros de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar. Grazas á súa astucia, chega a rei de Escocia para, finalmente, vello e ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 136 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-119-0
EAN 9788499141190
Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 192 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-084-1
EAN 9788499140841
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 400 páginas
PVP: 28,50 €
ISBN 978-84-9914-096-4
EAN 9788499140964
Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 224 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9865-268-0
EAN 9788498652680
O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 328 páginas
PVP: 22,50 €
ISBN 978-84-9914-058-2
EAN 9788499140582
Que farías se non che quedase nada de vida? Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|
||||||