Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición enero 2011
Idioma gallego
EAN 9788499141879
96 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm
Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da Fundación Libélula de axuda ás mulleres en situación precaria os que lles permiten enxergar a posibilidade de comezar unha nova vida. Mais, a pesar das esperanzas acuñadas deberán seguir loitando, xa que as cousas ás veces empeoran antes de mellorar.
Yashmina Shawki naceu en Vigo de nai galega e pai kurdo iraquí. Cursou parte do ensino secundario en Baghdad, licenciándose na Universidade de Santiago de Compostela en Dereito en 1992 e en Historia Contemporánea en 1993. Conferenciante e xornalista especializada en temas de Oriente Medio, colabora nas revistas Festa da palabra silenciada e Babab, así como semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e no faladoiro político Al final del día de Radio Voz. Como narradora publicou en castelán a novela Kurdos, destino libertad (2007) e en galego Contos ao carón da lareira (2007) e a novela Fundación Libélula (Xerais 2011).
|