Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: Expediente Artieda (Premio Xerais de Novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), Monte Louro (Premio Blanco Amor, 2009), Cita en Fisterra (2011), Días que non foron (2013), O encargo do señor Castelao (2016) e Matarán a Reboiras (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía Rafael Dieste. O libre pensamento (2019). Como poeta é autor de A rolda invisible (1988), A casa na brétema (1994), Alma mareira (2003), Estrela do norte (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e As sílabas do mundo (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas Oficio de escribir (1990) e da colección de ensaios Poetas Andantes Navegantes (1995).
Fotografía do autor: Alba Sotelo
Mostrando 3 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa blanda · 320 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9121-054-2
EAN 9788491210542
Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible... Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 688 páginas
PVP: 27,50 €
ISBN 978-84-9782-557-3
EAN 9788497825573
Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|
||||||