O encargo do señor Castelao

O encargo do señor Castelao

Rei Núñez, Luís

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición julio 2016 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491210542
320 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles?
Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.

Biografía del autor

Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: Expediente Artieda (Premio Xerais de Novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), Monte Louro (Premio Blanco Amor, 2009), Cita en Fisterra (2011), Días que non foron (2013), O encargo do señor Castelao (2016) e Matarán a Reboiras (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía Rafael Dieste. O libre pensamento (2019). Como poeta é autor de A rolda invisible (1988), A casa na brétema (1994), Alma mareira (2003), Estrela do norte (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e As sílabas do mundo (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas Oficio de escribir (1990) e da colección de ensaios Poetas Andantes Navegantes (1995). <br> <br> <br> Fotografía do autor: Alba Sotelo





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.