Monte Louro

Finalista Premio de Narrativa da AELG 2010

Monte Louro

Rei Núñez, Luís

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición junio 2009 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788497825573
688 páginas
Libro encuadernado en tapa dura
Dimensiones 155 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  27,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro, o máis poderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria como resumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xa nunca. Tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairá triunfante o Mal. Terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida Todo isto e moito máis contánolo Rei Núñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clásico das letras galegas

Biografía del autor

Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: Expediente Artieda (Premio Xerais de Novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), Monte Louro (Premio Blanco Amor, 2009), Cita en Fisterra (2011), Días que non foron (2013), O encargo do señor Castelao (2016) e Matarán a Reboiras (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía Rafael Dieste. O libre pensamento (2019). Como poeta é autor de A rolda invisible (1988), A casa na brétema (1994), Alma mareira (2003), Estrela do norte (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e As sílabas do mundo (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas Oficio de escribir (1990) e da colección de ensaios Poetas Andantes Navegantes (1995). <br> <br> <br> Fotografía do autor: Alba Sotelo





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.