Moncha Fuentes (Marín, 1952) é licenciada en Filoloxía Románica e reside en Vigo, onde exerceu a docencia no IES Santa Irene. Tradutora e colaboradora en obras colectivas e revistas de divulgación, coma os Cadernos Ramón Piñeiro ou A Trabe de Ouro . Ten publicadas as novelas O mar que nos leva (Xerais, 2019), Premio da Crítica Galega (Creación), e O tradutor de sombras (Xerais, 2022).
Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)
1
Tentando resolver o seu problema co alcohol, o profesor e tradutor Roque Corbal loita cos propios fantasmas nun tránsito que comeza en Ourense durante o estourido da guerra civil e finaliza con algúns acontecementos sociais en Vigo, pouco tempo antes da chegada da pandemia.Ao longo da novela coñeceremos a traxedia persoal do avó Néstor; vibraremos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|