Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición marzo 2020 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788491216513
152 páginas
Libro
Dimensiones 130 mm x 190 mm
Esta non é unha historia calquera.
É a miña historia.
Preguntarás quen son eu.
Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo.
Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre.
Fin.
Ou tamén podes atreverte a continuar.
Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba.
Atréveste?
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de Un animal chamado néboa (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas Infamia (2019), Golpes de luz (2021) e Pel de cordeiro (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como O corazón de Xúpiter (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; Recinto Gris (Xerais 2014); Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou A balada dos unicornios (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como Esmeraldina, a pequena defunta (Xerais 2016); A señorita Bubble (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; Conexión Macarrón (Xerais 2019); Vampira de biblioteca (Xerais 2020); A señorita Bubble baixo cero (Xerais 2020), A señorita Bubble. Deus salve as raíñas (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: Benvidos ao Outro Barrio (Xerais 2020), Criando malvas (Xerais 2021), Escola de salvaxes (Xerais 2021), O Día dos Vivos (Xerais 2021) e Ai, que risa! (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela O neno de lume (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con Ultraluz (Xerais 2023). A lebre mecánica (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, Sete dentes de león (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con tres títulos ata o momento Curriño. O can influencer , Curriño. Benvido ao equipo e Curriño. Fama ou fuga .
|