Sol de inverno

Sol de inverno

Aneiros, Rosa

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición septiembre 2009

Idioma gallego

EAN 9788499140322
512 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 160 mm x 245 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  26,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.

Biografía del autor

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser , á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002); Resistencia (Xerais 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; O xardín da media lúa (2004); Veu visitarme o mar (Xerais 2004); Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; e Sibila (Xerais, 2021). En 2013 publica o primeiro título da triloxía Ámote Leo A. : Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), ao que seguiron Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas? (2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou Orestes perde o sentido! (2019) e, na colección Merlín, A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017), Xelís, o guieiro das botellas de mar , Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e Catro plumas de dinosauro (2022). Con Sibila (Xerais 2021), publicada na colección Narrativa, retoma a narrativa para publico adulto.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.