Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición enero 2014 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499145693
200 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe.
Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe.
Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.
Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais. <br> Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal , publicada por Xerais: Dragal I. A herdanza do dragón (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); Dragal II. A metamorfose do dragón (2011); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012); Dragal IV. A estirpe do dragón (2015) e Dragal V. O segredo do dragón (2019).<br> Autora das novelas policiais Sete Caveiras (Xerais, 2014) e Ata que a morte nos separe (Xerais, 2025), da romántica O Xogo de Babel (Xerais, 2017), e da histórica O legado da nena do sal (Xerais, 2024), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra A promesa (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa Imos Contar Mentiras , Pontevedra Ficción e Proxecto Legado (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023). <br> Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, participa en faladoiros e imparte conferencias. <br> Fotografía da autora: Lois G. D.
|