Resistencia

Resistencia

Aneiros, Rosa

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición diciembre 2002

Idioma gallego

EAN 9788483029251
304 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  22,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais Dinís e Filipa artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen e Filipa filla dun rico comerciante de Coimbra . Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo

Biografía del autor

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser , á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002); Resistencia (Xerais 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; O xardín da media lúa (2004); Veu visitarme o mar (Xerais 2004); Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; e Sibila (Xerais, 2021). En 2013 publica o primeiro título da triloxía Ámote Leo A. : Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), ao que seguiron Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas? (2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou Orestes perde o sentido! (2019) e, na colección Merlín, A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017), Xelís, o guieiro das botellas de mar , Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e Catro plumas de dinosauro (2022). Con Sibila (Xerais 2021), publicada na colección Narrativa, retoma a narrativa para publico adulto.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.