Pontevedra nos anos do medo

Golpe militar e represión (1936-1939)

Pontevedra nos anos do medo

Álvarez Castro, Xosé

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Memoria, Número 0
Fecha de edición agosto 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499145358
344 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  22,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936.
O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa execución do golpe, e os axentes e mecanismos da represión posterior.
O emprego de fontes documentais inéditas, así como de testemuños orais, contribúe a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenómeno represivo, concedendo especial atención ao achegamento ás historias da vida das vítimas.
O autor da obra, Xosé Álvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigación perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgación, e como dixo a escritora Dulce Chacón, somos vítimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos .

Biografía del autor

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario e dende 2008 mantén activo o blog Pontevedra nos anos do medo (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais, 2013), Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión (2016) e Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (Xerais, 2022). É ademais coautor de Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017), Rebeldía galega contra a inxustiza (2018), O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo (2021) e Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita (2021).



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.