Xosé Álvarez Castro

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario e dende 2008 mantén activo o blog Pontevedra nos anos do medo (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais, 2013), Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión (2016) e Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (Xerais, 2022). É ademais coautor de Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017), Rebeldía galega contra a inxustiza (2018), O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo (2021) e Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita (2021).


Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.