Editorial Almuzara
Fecha de edición junio 2022 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788411101233
192 páginas
Libro
Dimensiones 140 mm x 210 mm
Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños? Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o mundo, vivir onde se queira, experimentar emocionantes aventuras e gañar sempre...Que farías ti por conseguir algo así?
Pensa ben a resposta, porque non todo é o que parece e, ás veces, o perigo que poida axexar en Internet vólvese moi real.
Ata onde estás disposta ou disposto a chegar?
É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como Graffiti e letras , Creando historias con Anxo Fariña e Ti creas a historia . Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr... É autor dos libros da exitosa serie Os Megatoxos (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís A chave da Atlántida (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), Os ecos do lume (2019) e A Escola Robot (2025). Publicou tamén a serie Gliz para primeiros lectores (2017), así como as novelas Horizonte de sucesos (2016) e 4 xinetes (2017).
|
||||||