Pato, Chus
Rodríguez-Méndez, Carlos
Editorial Libros de la resistencia
Colección Poiesis, Número 0
Fecha de edición febrero 2023 · Edición nº 1
Idioma español
EAN 9788415766896
368 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 160 mm x 225 mm
Durante el año 2021 Rodríguez-Méndez envió periódicamente a Chus Pato un cuaderno impreso a su dirección postal.
Estos contenían, cada uno, cien obras inéditas y otras producidas, así como textos del artista.
La poeta hizo una selección de proyectos que traten e investiguen entorno al concepto de la muerte.
Este libro reproduce los textos y las obras escogidas así como nueve poemas que Chus Pato escribió, uno por cuaderno, para La puerta natural.https://plataforma.gal/es/programa/la-puerta-natural-2022/Libros en castellano con poemas en gallego y traducción al castellano de Gonzalo Hermo.
Chus Pato (Ourense, 1955) é poeta. Académica de número da Real Academia Galega, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou os seguintes libros: Urania (1991), Heloísa (1994), Fascinio (1995), Nínive (Xerais, 1996, Premio Losada Diéguez), A ponte das poldras (1996), m-Talá (Xerais, 2000), Charenton (Xerais, 2003), Hordas de escritura (Xerais, 2008, Premio Nacional da Crítica, Premio Losada Diéguez e Premio Mondoñedo10), Secesión (2009), Carne de Leviatán (2013, Premio Irmandade do Libro), Un libre favor (2019) e Sonora (Xerais, 2023), Premio Nacional de Poesía 2024. <br> A Erín Moure débenselle os seguintes volumes con traducións ao inglés: From m-Talá (Nomados, 2003), Charenton (Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2007), m-Talá (Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2009), Hordes of writing (Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2011), Secession/Insecession (2014), Flesh of Leviatan (Omnidawn Publishing, 2016) e The Faces of the Quartzes (Veliz Books, 2021). Ao español ten traducidas: Un Ganges de palabras , antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón (CEDMA, Puerta del Mar, 2003), Heloísa (trad. Xosé Manuel Trigo, Ediciones La Palma, 1998), m-Talá (trad. Teresa Arijón e Bárbara Belloc, Pato-en-la-cara, 2009), Hordas de escritura seguido de Secesión (Amargord, 2013), Carne de Leviatán (Amargord, 2016), Poesía reunida (en 3 volumes: Ultramarinos Editorial, 2017, 2019, 2022). Tradución ao catalán: Antoloxía (trad. Gonzalo Hermo e Adrià Targa i Ramos, Universidade de Lleida, 2020). Traducións ao portugués: Carne de Leviat (Douda Correria, Lisboa, 2016) e Um fémur de voz correo a galope (antoloxía, Officium Letonis, 2022). Tradución ao búlgaro: Leviatan i drugi istorii (trad. Tsvetanka Elenkova, Small Stations, 2016). Tradución ao holandés: Finisterra (trad. Mariolein Sabarte, Uitgeverij Perdu, 2017). A poesía de Chus Pato conta, así mesmo, con traducións ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas, e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) (Lugo, Arturo Casas ed., Tris Tram, 2003), Pótwysep w wierszach (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), New European poets (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), Poeti spagnoli contemporanei (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell Orso, 2008), 20 canadian poets take on the world (Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions, 2009), To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry (Dublín, Salmon Poetry, Mary O Donnell e Manuela Palacios, 2010) e Contemporany Galician Poets (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010). Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen. <br> No ano 2018 a Chus Pato foille concedido o Premio Clara Campoamor e en 2024 o Premio Nacional de Poesía por Sonora .<br> (Fotografía da autora: Anxo Cabada.)
|