Hordas de escritura

Premio da Crítica 2008 (poesía), Premio Losada Diéguez 2009 (Creación)

Hordas de escritura

Pato, Chus

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición febrero 2008 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788497827041
96 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  15,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamén a terceira entrega dunha pentaloxía que Chus Pato vén construíndo baixo o título xenérico de Método. Pero, cando o poema se compón, só lle é fiel a súa propia cicatriz; esa é a lei e a gravidade do texto. Un libro importante dunha das máis abisais, mutantes, imprescindibles e rupturistas escritas do panorama poético contemporáneo.

Biografía del autor

Chus Pato (Ourense, 1955) é poeta. Académica de número da Real Academia Galega, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou os seguintes libros: Urania (1991), Heloísa (1994), Fascinio (1995), Nínive (Xerais, 1996, Premio Losada Diéguez), A ponte das poldras (1996), m-Talá (Xerais, 2000), Charenton (Xerais, 2003), Hordas de escritura (Xerais, 2008, Premio Nacional da Crítica, Premio Losada Diéguez e Premio Mondoñedo10), Secesión (2009), Carne de Leviatán (2013, Premio Irmandade do Libro), Un libre favor (2019) e Sonora (Xerais, 2023). <br> A Erín Moure débenselle os catro volumes con traducións ao inglés: From m-Talá (Vancouver, Nomados, 2003), Charenton (Exeter e Ottawa, Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2007) m-Talá (Exeter e Ottawa, Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2009) e Hordes of writing (Exeter e Ottawa, Shearsman Books x{0026}amp; BuschekBooks, 2011). Iris Cochón é autora dunha antoloxía da súa obra, con tradución da lingua galega orixinal ao español, Un Ganges de palabras (Málaga, Puerta del Mar, 2003). Xosé Manuel Trigo traduciu Heloísa tamén ao español (Madrid, Ediciones La Palma, 1998). Teresa Arijón e Bárbara Belloc traduciron igualmente ao español m-Talá (Buenos Aires, pato en la cara, 2009). A poesía de Chus Pato conta así mesmo con traducións ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) (Lugo, Arturo Casas ed., Tris Tram, 2003), Pótwysep w wierszach (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), New European poets (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), Poeti spagnoli contemporanei (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell Orso, 2008), 20 canadian poets take on the world (Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions, 2009), To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry (Dublín, Salmon Poetry, Mary O Donnell e Manuela Palacios, 2010) e Contemporany Galician Poets (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010). Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen. <br> No ano 2018 a Chus Pato foille concedido o Premio Clara Campoamor. <br> Fotografía da autora: Anxo Cabada.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.