Gran tiburón branco

Gran tiburón branco

Solleiro, Samuel

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición julio 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144016
168 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico; un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu; unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real; un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie; un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular.
Nos cinco textos está presente a literatura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súas voces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto no que engadir algo máis, seguir escribindo en suma, sería insoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.