Galván en Saor

Premio Xerais de Novela 1989

Galván en Saor

Xohán Cabana, Darío

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición julio 2005 · Edición nº 18

Idioma gallego

EAN 9788497823289
184 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante "A divina comedia" e de Petrarca "Cancioneiro" entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.

Biografía del autor

Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en La Voz de Galicia , foi membro do Consello de Redacción de A Trabe de Ouro e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume Vinte cadernos. Poemas 1969-2002 (Xerais, 2003), e de Cabalgada na brétema (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan Galván en Saor (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; Fortunato de Trasmundi (Xerais, 1990); Vidas senlleiras (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película A mariñeira (Antón Dobao, 2008); O cervo na torre (Premio Xerais de novela, 1994), Morte de rei (Xerais, 1996) e Mitos e memorias (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil As aventuras de Breogán Folgueira (Xerais, 1990), Chucho Cacho (Xerais, 1994), As viaxes do príncipe azul (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d' A divina comedia de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como A chegada a Lugo do primeiro tren (2005) ou Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021 (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.