Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en La Voz de Galicia , foi membro do Consello de Redacción de A Trabe de Ouro e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume Vinte cadernos. Poemas 1969-2002 (Xerais, 2003), e de Cabalgada na brétema (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan Galván en Saor (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; Fortunato de Trasmundi (Xerais, 1990); Vidas senlleiras (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película A mariñeira (Antón Dobao, 2008); O cervo na torre (Premio Xerais de novela, 1994), Morte de rei (Xerais, 1996) e Mitos e memorias (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil As aventuras de Breogán Folgueira (Xerais, 1990), Chucho Cacho (Xerais, 1994), As viaxes do príncipe azul (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d' A divina comedia de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como A chegada a Lugo do primeiro tren (2005) ou Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021 (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.


Mostrando 3 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.