Galicia en bus

Galicia en bus

Reimóndez, María

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Poesía
Fecha de edición marzo 2018 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491213314
112 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 225 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,70 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

" Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade persoal e na identidade política establecendo e proxectando unha forte ligazón entre distintos periplos e espazos que se vencellan á memoria, á experiencia, ao país e ao feminismo.

Biografía del autor

María Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario «Moda Galega (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en «Moda Galega reloaded (2013); posteriormente publicou «kleinigkeiten/cousiñas (2013) e «Presente continuo (2013). En 2017 gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira con «Galicia en bus. Como narradora, é autora das seguintes novelas: «O Caderno de Bitácora (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; «O club da calceta (2006), finalista do Premio Xerais 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés, e adaptada á escena e ao cine; «Pirata (2009), traducida ao italiano; «En vías de extinción (2012), traducida ao castelán; «Dende o conflito (2014), Premio Xerais de Novela; «A música dos seres vivos (2015); «A dúbida (2016), Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas; «As cousas que non queremos oír (2017) e «As estacións do lobo (2019). No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora de «Usha (2006), finalista do Premio Merlín 2005, «Lía e as zapatillas de deporte (2008), «O monstro das palabras (2009), «Volvo! O regreso de Usha (2014), «Corredora (2017), «Fóra do normal (2018), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, e «A formiga destemida (2020). Como ensaísta publicou «Feminismos (2013), en coautoría con Olga Castro, «A alternativa está aquí (2014) e «Corpos exorbitantes (2017), Premio Xohana Torres de Ensaio. En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez á autora do ano. É fundadora da ONG de cooperación ao desenvolvemento Implicadas. O seu relato «A esencia da cidade pode ser descargado en PDF: http://blog.xerais.gal/wp-content/uploads/2016/11/A_esencia_da_cidade.pdf




Pasajes Libros SL ha recibido del Ministerio de cultura y deporte subvenciones para la revalorización cultural y modernización de las librerías.
Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.